Co gallo dos Campionatos de España de Loitas Olímpicas esta
fin de semana volvemos a Madrid. O Club de Loita Camm-Stellae estará
representado na capital do Estado por tres deportistas e un árbitro formando
parte das Seleccións Galegas que participarán no Torneo Nacional mais
importante do ano.
Repite participación Alejandro
Varela, esta vez en menos de 80 kgs. Grecorromana na categoría Senior
facendo así o seu debut cos profesionais.
Acompañarano esta vez Iris Lucía Cepeda defendendo a categoría Senior de menos de 60 kgs.
e Alberto Vera co equipo Cadete de
Libre Olímpica en menos de 54 kgs.
A competición terá lugar no Pavillón Municipal da
localidade madrileña de San Agustín de Guadalix o Sábado día 15 ao longo do
día.
Rubén Varela voltará a completar a expedición do Camm-Stellae
dentro do equipo do colectivo arbitral.
Alberto Vera (1º) Cto. Galego 2014
Alejandro Varela (3º) Cto. Galego 2014
Iris Cto. Senior 2014
Rubén Varela (árbitro)
Boa viaxe e moito ánimo, rapaces!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario