Últimas novas
Leendo...
luns, 17 de marzo de 2014

Info Post
Xa estamos de volta dos Campionatos de España de Loitas Olímpicas Senior e Cadete que se celebraron esta fin de semana na localidade madrileña de  San Agustín de Guadalix. E facémolo cheos de ledicia polo traballo amosado polos nosos deportistas.

Alejandro Varela repetiu a experiencia de hai quince días e retornou co 8º posto da categoría Senior en menos de 80 kgs. Grecorromana.

Alberto Vera, que debutaba, volveu cunha meritoria quinta posición en Cadete Libre Olímpica de menos de 54 kgs.

E Iris Lucía Cepeda que acadou a 3ª posición en menos de 60 kgs da categoría Senior.

Moitas grazas a estes deportistas polo seu traballo, e tamén a tódolos compañeiros do Club que colaboraron con eles para acadar estes resultados.


Os resultados podes velos en PDF dende aquí


Parabens!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario