Últimas novas
Leendo...
martes, 22 de maio de 2012

Info Post
Por fin chegou a data. O vindeiro venres 25 parte cara Dusseldorf (Alemaña) a nosa deportista Iris Lucía Cepeda que debutará nunha competición internacional co equipo Nacional Cadete.

Lembramos que Iris é a actual Campioa de España na categoría de menos de 60 kgs. e que se clasificou para esta competición tras a Concentración Nacional de Tecnificación que tivo lugar en Murcia alá polo mes de Abril.

Deste xeito, Iris converterase na primeira deportista internacional no deporte das Loitas Olímpicas do Concello Compostelán e isto fainos sentir moi fachendosos do seu traballo e agardamos que este traballo sirva para abrir camiño e de inspiración para os deportistas máis novos que veñen detrás.

Iris; desexámoste moita sorte de cara a este novo reto. Confiamos en ti e no teu traballo e agardamos que detrás deste viaxe veñan moitos máis, se así ti o decides.

Foto: Iris Lucía Cepeda



MOITO ÁNIMO, CAMPIONA!




Si queres descargar a nova en PDF podes facelo aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario