Co gallo das Festas da Ascensión, o sábado 19, o Club Camm de Santiago realizou no Pavillón Municipal do Restollal, unha xornada deportiva das actividades que ofrecen tódolos días nas súas instalacións. Entre estas actividades atópase as Loitas Olímpicas o que nos serviu para xuntarnos o Club de Loita Stellae e o Club de Loita Pontevedra e facer un encontro entre os nosos deportistas. En total cinco loitadores de cada club:
- Iris Lucía Cepeda, José Gregorio Vera, Juan Carlos Mera, Alejandro Varela y David Balsa por parte do Stellae.
- Lidia Pérez, Simón Salgado, Bruno Carracelas, Joao de Jesús e José Luis Puentes do Pontevedra.
O resultado no día do sábado era o de menos, os afeccionados que se achegaron até o Restollal puideron gozar duns duelos moi disputados e con unha variade técnica moi rica nos que o Stellae rematou impoñéndose por tres vitorias a dúas aos de Pontevedra.
Agradecer ao trío arbitral o seu traballo nesta promoción do noso deporte e ao Club de Loita Pontevedra e o seu adestrador, Marcos Miragaya, por compartir con nos esta experiencia. E agradecer tamén a xente do Camm o seu traballo para promocionar o deporte como o fixeron esta fin de semana.
A nova completa en PDF a podes baixar aquí
os rapaces demostraron as súas habilidades neste torneo de un alto nivel por parte de ambos clubes. parabéns a ambos !!!!
ResponderEliminar