Últimas novas
Leendo...
luns, 3 de marzo de 2014

Info Post
Estimados compañeiros:

Alejandro Varela e Vladislav Zernov xa están de volta dos Campionatos de España de Loitas Olímpicas nas categorías Junior e Escolar, e que tiveron lugar no Pavillón do Consello Superior de Deportes en Madrid esta fin de semana. Ámbolos dous fixérono con cada súa medalla de prata.

Alex Varela so cedeu na final contra o representante valenciano na categoría Junior de menos de 84 kgs. Grecorromana. Estamos moi contentos porque con este resultado Alex mellora os terceiros postos obtidos en anos anteriores.

Por outra banda, unha magoa foi o que lle aconteceu a Vladis, que non puido loitar na final da categoría Escolar en menos de 35 kgs. por mor dun virus que lle afectou ao estómago. 

Afortunadamente e grazas aos servizos médicos, foi tratado e xa está recuperado. Vladis é moi novo e seguro que vai a ter moitas máis posibilidades de vivenciar experiencias coma a desta fin de semana.

De esquerda a dereita (Rubén Varela Alejandro Varela) árbitro e loitador





Rapaces: moitas grazas por deixarnos tan ben en Madrid e moitas grazas por traernos máis ilusión para continuar co noso traballo.


0 comentarios:

Publicar un comentario