Xa están decididos os grupos que participarán na Xornada Final da Liga de Loitas Olímpicas nas categorías de Base do programa Xogade da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e que se vai a celebrar en Santiago de Compostela o vindeiro 2 de xuño.
O Club de Loita Stellae competirá cos equipos de Rábade, Lugo, Atila de Ourense, Escola de Salceda de Caselas, Sabarís, Pontevedra e O Castro de Vigo para acadar a posición entre o sétimo e décimo cuarto despois de que se celebrase o pasado sábado a Xornada Sur.
Parabéns ao tódolos equipos e moito ánimo de cara a esta Xornada.
0 comentarios:
Publicar un comentario