RESULTADOS DO CLUB DE LOITA STELLAE NA XORNADA NORTE DA LIGA DE BASE 2012.
Esta fin de semana celebrouse na Casa do Deporte de Lugo a Xornada Norte da Liga de Loitas Olímpicas das categoría de base, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Nela participaban os equipos do Norte da nosa Comunidade e o C.L. Stellae de Santiago de Compostela.
O Stellae participaba, tras algunha baixa de última hora, con unha ducia de rapaces/as para rematar na cuarta posición. Un posto moi meritorio xa que nesta Liga non so puntúa os enfrontamentos gañados, senón que tamén se conta o número de participantes que leva cada club, e aquí o club compostelán levaba unha desventaxa.
Aínda así a actuación dos nosos deportistas foi moi destacada onde máis que dunha competición tratábase dunha xornada lúdica.
O equipo do Stellae esta formado por:
- ANA VIEITO
- NOA FERNÁNDEZ
- BLAS ÁLVAREZ
- XOAN IGLESIAS
- NICOLÁS FERNÁNDEZ
- VLADISLAV ZERNOV
- PABLO REY
- MARTÍN VIEITO
- ÁNGEL GÓMEZ
- BRAIS GUERRA
- SERGIO VIDAL
- JACOBO RODRÍGUEZ
Parabéns a tódolos participantes e ao resto dos equipos onde a Escola Ayude de Melide acadou o primeiro posto, seguido do Keltoi de Vila de Cruces e o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
descargar a nova completa en PDF aquí
0 comentarios:
Publicar un comentario