Últimas novas
Leendo...
luns, 2 de abril de 2012

Info Post
Esta semana parte cara o Centro de Alto Rendemento Infanta Cristina de Murcia, a nosa deportista Iris Lucía Cepeda.

Convocada polo Seleccionador Nacional Cadete, José Menéndez, Iris traballará co resto das Campionas de España das Loitas Olímpicas para mellorar as súas capacidades técnicas e físicas e conquistar unha praza que lle dea a oportunidade de participar nalgún dos Torneos Internacionais que están dentro do calendario deportivo da Federación Española.

Esta non será a primeira vez que esta loitadora participe nun evento destas características, pero si que é a vez ao que acude coa mellor preparación.

Dende o Club de Loita Stellae creemos nas posibilidades e no traballo de Iris, e desexámoslle que teña unha feliz viaxe e que esta experiencia sexa o máis positiva para ela. Que se lle cumpran tódolos seus obxectivos.

MOITO ÁNIMO, COMPAÑEIRA!

Foto: Iris Lucía Cepeda

Si queres  esta nova en PDF podes baixala aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario