Este sábado, 17 de Marzo, vai ter no pavillón de Frigsa en Lugo a Xornada Norte de Loitas Olímpicas nas categorías de base. E cómo non podía ser doutro xeito, o Club de Loita Stellae participará nela.
Este ano cambia o formato da Liga, e nesta xornada sairá a clasificación dos equipos que na xornada final, que terá lugar o 19 de Maio, loitarán pola victoria cos tres primeiros equipos da Xornada Sur. O que fai qué esta xornada sexa vital para os equipos con aspiracións á vitoria final.
O Club de Loita Stellae presentarase cos equipos prebenxamín, benxamín e alevín. Quince nenos e nenas de entre 6 e 13 anos que participarán nesta festa das Loitas Olímpicas. Unha festa complicada, xa que coincide na zona Norte os equipos que en anos anteriores remataron nas primeiras posicións. Aínda así agardamos que tódolos novos loitadores/as desfruten desta experiencia.
Nova en PDF aquí
0 comentarios:
Publicar un comentario