Últimas novas
Leendo...
mércores, 14 de marzo de 2012

Info Post
Hoxe facemos referencia a unha nova publicada na web da Federación Galega de Loita


Galicia é a referencia das Loitas Olímpicas en España


A localidade de Albolote (Granada) acolleu os campionatos de España das categorías Júnior e Escolar de Loitas Olímpicas.
Galicia acadou na categoría Escolar:
1º Posto por seleccións en Loita Libre Feminina categoría Escolar.
2º Posto por seleccións en Loita Libre Olímpica categoría Escolar.
e en canto os equipos Júnior:
1º Posto por seleccións en Loita Libre Feminina categoría Júnior.
2º Posto por seleccións en Loita Libre Olímpica categoría Júnior.
Nestes campionatos de España, a pauta e os bos resultados viñeron da man das seleccións femininas de Loitas Olímpicas, tanto no deporte de base como na categoría júnior. O bo traballo das rapazas que conforman as diferentes seleccións brillou por riba do esperado.
selecciongalegajunesc2012
Na categoría júnior de Loita Feminina, o CLUB DE LOITA SAN IGNACIO DE VIGO acadou o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBS, sendo a clasificación final:

-Medallas de Ouro: Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces) en 72kg e Iratxe Álvarez Fortes (Club Ciudad de Vigo) en 67 kg.
-Medallas de prata: María Teresa López Platero (Club San Ignacio) en 44 kg, Sara Vieitez Mariño (Club San Ignacio) en 48 kg e Iris Lucía Cepeda (Club Stellae de Santiago de Compostela) en 59 kg.
-Medallas de bronce: Andrea López García (Club San Ignacio) en 51 kg, Judit Pérez Comesaña(Club San Ignacio) en 55 kg, Verónica Pérez Comesaña(Club San Ignacio) en 59 kg, Sara Lago Fernández(Club San Ignacio) en 63 kg.

* En canto a categoría júnior de Loita Grecorromana, destacou de forma extraordinaria:
-Medalla de Ouro para: Nicolás López Gredilla (Club Loita Lugo) en 120 kg.
-Medallas de Bronce: Pablo García (Club de Loita Pontevedra) en 66kg, e para Alejandro Varela (Club Stellae de Santiago de Compostela) en 84kg.


ampliar a nova aquí

resultados do campionato aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario