RESULTADOS DO CLUB DE LOITA STELLAE NOS CAMPIONATO DE
ESPAÑA JUNIOR 2012.
Estimados amig@s afeccionad@s ás Loitas olímpicas:
O Club de Loita Stellae comprácese de compartir con vos os resultados que ven de gañar, esta fin de semana, no Campionato de España Junior de Loitas Olímpicas de Albolote (Granada), e no que participaron tres dos nosos deportistas:
- IRIS LUCÍA CEPEDA: que acadou o segundo posto na categoría de menos de 59 kgs. Moito mérito desta deportista que lembremos que aínda é cadete.
- ALEJANDRO VARELA: 3º posto en Grecorromana menos de 84 kgs.
- DAVID FERNÁNDEZ: ó que unha lesión no ombreiro apartouno do podium ao que ía directo na categoría de menos de 74 kgs. De Libre Olímpica.
Unha vez máis, os deportistas composteláns renovan as nosas ilusións co seu traballo e os resultados dan esperanzas ao resto dos seus compañeiros.
Noraboa rapaces!!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario