Últimas novas
Leendo...
martes, 11 de febreiro de 2014

Info Post
Nova extraída da Federación Galega de Loita (fegaloita)

170 Combates para decidir ós Campións Galegos de Loitas Olímpicas

Record histórico de combates e participación nestes pasados campionatos Galegos de Loitas Olímpicas celebrados este pasado sábado 8 de Febreiro no Pavillón de Santa Isabel en Santiago de Compostela. A competición celebrouse coa inestimable axuda na organización do Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela, quen fixo de anfitrión para todos os clubs que se achegaron a esta cita.
MomentoGalegoSeniorCadete2014
As categorías en liza foron a sénior (absoluta) e a cadete, nas modalidades de Loita Libre Olímpica, Grecorromana e Libre Feminina. Os tres tapices oficiais de Loita desprazados ata Santa Isabel foron as testemuñas directas do nivel alcanzado polos deportistas Galegos, que cada ano superan as expectativas de participación e do nivel amosado. Ademais, estes campionatos serven para perfilar as seleccións Galegas que participarán nos vindeiros campionatos de España de Loitas Olímpicas, que terán Lugar en Madrid o 15 e 16 de Marzo.
Na categoría absoluta, puidemos gozar dunha competición vibrante, estando presentes nas finaisvarios medallistas nacionais e membros da selección española de Loitas Olímpicas. Por outra banda, na categoría cadete amósase o futuro deste deporte, sendo cada ano mais concorrida.

O maior salto cualitativo e cuantitativo das Loitas Olímpicas deuse na modalidade de Loita Feminina, sendo esta a disciplina de maior crecemento nos últimos anos. A entrada das mulleres nun deporte olímpico, de clara tradición masculina, está en consoancia coas campañas de promoción e desenrolo das Loitas Olímpicas levadas a cabo pola Federación Galega en todos os eidos deportivos, sendo as mulleres o claro referente de crecemento neste ano 2014.


Os resultados completos, tanto individuáis coma por clubs, pódense consultar no seguinte enlace

FONTE DA NOTICIA (FEGALOITA) http://goo.gl/HUQOHb

0 comentarios:

Publicar un comentario