EXTRAIDO DE FEGALOITA Máis información aquí
Galicia acada o campionato de España universitario de Loitas Olímpicas, mantendo o nivel amosado o longo do ano: 3 Ouros e 2 Pratas as preseas acadadas.
Un ano mais, Galicia ratifícase como o claro referente do deporte universitario en España, acadando o primeiro posto por autonomías, grazas os deportistas desprazados da Universidade de Vigo.
Os deportistas mais destacados foron:
- Medallas de Ouro: Jose Luis Puentes en menos de 90kg e Marcos Miragaya en mais de 90 kg. Na categoría feminina, Noelia Lalín Canda en menos de 72kg.
- Medallas de Prata: Marcos Carral Suárez en menos de 62kg e Eliseo Permuy Soto en menos de 70kg.
Con este novo triúnfo, a loita consolídase dentro do deporte universitario como un referente nacional, gracias os deportistas que se manteñen no alto nivel durante os seus anos de formación universitarios.
O próximo obxectivo será buscar a financiación para poder participar nos campionatos do mundo universitarios de Loitas Olímpicas que terán lugar do 1 o 6 de Outubro en Kuortane (Finlandia), una competición que será unha dura pedra de toque para os deportistas que asistan e que servirá de preparación para a vindeira tempada.
noraboa !!!!!!!!!
ResponderEliminar