Últimas novas
Leendo...
mércores, 16 de maio de 2012

Info Post

Este Sábado 19 de maio, no pavillón do Restollal, teremos un enfrontamento de Interclubes Caam. Iris Lucía Cepeda, José Gregorio Vera, Juan Carlos Mera, Alejandro Varela e David Balsa competirán contra Lídia Pérez, Simón Salgado, Bruno Agra e Julio Villaverde do Club de Loita Pontevedra e Jose Luis Puentes do Club de Loita Vilalba.

Arbitrará o noso xuíz de categoría nacional, Rubén Varela, acompañado de Pablo García e o Árbitro Internacional, Diego Villanueva.

O enfrontamento terá lugar a partir das 17.00 horas e será completado con outros enfrontamentos das outras disciplinas que se poden realizar no Ximnasio Caam de Santa Marta.

Dende o Stellae queremos animar a tódolos amigos e afeccionados a que se acheguen a animar e gozar desta xornada lúdica.

Podes descargar a nova en PDF  aquí


TORNEO INTERCLUBES CAAM

PABILLÓN RESTOLLAL a partir das 17 horas

Santiago de Compostela 


0 comentarios:

Publicar un comentario