Este sábado día 02, o Pavillón Mnicipal de Santa Isabel da capital de Galicia vai acoller a Xornada Final da Liga de Loitas Olímpicas nas categorías de Base do Programa Xogade. Daranse cita preto de 270 nenos e nenas de catorce clubes galegos que competirán dun xeito lúdico en dous grupos: os tres primeiros clasificados das Xornadas Norte e Sur por un lado, e os demais clubes polo outro para determinar a clasificación final.
O Club de Loita Stellae vai participar no grupo de abaixo para tratar de mellorar a súa partcipación do ano pasado no que rematou na sétima posición e para esto presentarase á cita con quince deportistas que estiveron traballando todo o ano e que con esta Xornada darán por concluida a tempada 2011-2012.
Moitas grazas a todos polo seu traballo e esforzo e moito ánimo para ese día.
Si queres baixar esta nova completa en PDF aquí
0 comentarios:
Publicar un comentario