A Federación Española de Loitas Olímpicas acaba de facer pública a convocatoria para o Torneo Internacional Cadete Feminino de Dormagen (Alemaña), que terá lugar entre os días 25 e 28 de Maio. E trás vela, podemos celebrar a selección da nosa deportista Iris Lucía Cepeda.
Deste xeito, Iris continua facendo historia ao ser o primeiro deportista compostelán en participar coa Selección Nacional. Éxito que agardamos continúe unha vez regrese das terras bávaras.
Esta senda que está a abrir Iris pode ser seguida por outros compañeiros que ao igual que ela están a realizar un grande traballo e que no momento no que se lles alíe a sorte podan continuar facendo camiño. Xa que tanto a David Fernández como a Alejandro Varela non están a ser moi respectados polas lesións.
Dende o Club de Loita Stellae sentímonos moi fachendosos desta convocatoria e do traballo realizado polos nosos deportistas.
MOITO ÁNIMO, COMPAÑEIRA!
Foto: Iris Lucía Cepeda
Si queres descargar esta nova en PDF podes facelo aquí
0 comentarios:
Publicar un comentario