Últimas novas
Leendo...
venres, 10 de febreiro de 2012


A SELECCIÓN GALEGA DE LOITAS OLÍMPICAS, PARTE ESTE XOVES CARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR E CADETE.


A localidade de San Javier (Murcia), acolle este fin de semana o Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, tanto de loita masculina como de feminina. Durante os días 10, 11 e 12 a selección Galega tratará de revalidar os títulos obtidos durante o ano pasado.
Selección Galega  de Loita 2012


Galicia, parte como favorita en tódalas modalidades en liza: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina. Cunha expedición con 50 integrantes, é unha das comunidades con maior representación deportiva neste campionato.

Temos que ter en conta, que unha das categorías mais disputadas vai a ser a absoluta, que conformará o equipo nacional para participar no Cto. De Europa e torneos preolímpicos da modalidade. Neste apartado temos que facer mención especial os deportistas Jose Cuba (120kg) e Jose Luis Puentes (84kg), ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, así como a Eder Villanueva (96kg) do Club Castro de Vigo, todos eles convocados coa selección Española durante o ano 2011 e 2012. Tampouco podemos esquecer o resto dos integrantes de esta selección absoluta, todos eles con gran proxección nacional e internacional.

O equipo feminino, liderado en maior medida polas deportistas do Club San Ignacio de Vigo, tratarán de subirse o podio nacional por clubs, algo impensable tan só fai un par de anos.

En canto a categoría cadete, as esperanzas de obter bos resultados son moi altas, xa que a base de este equipo fórmana o grupo de adestramento do CGTD de Pontevedra, onde os deportistas permanecen concentrados todo o ano.



Nova publicada en:


 http://www.campeonas.com/blog/2012/02/08/a-seleccion-galega-de-loitas-olimpicas-parte-este-xoves-cara-o-campionato-de-espana-senior-e-cadete/

1 comentarios:

  1. moita sorte a representación Galega, e en especial a Jose e Iris os representantes do clube stellae

    a por eles rapaces !!!!!!

    ResponderEliminar