Últimas novas
Leendo...
xoves, 22 de decembro de 2011

Info Post
Remate de ano do Club de Loita Stellae.
  

Estimados compañeiros:
Xa chegamos ao final doutro ano. En breve celebraremos a entrada no ano 2012 e dende o Club de Loita Stellae queremos desexarvos un Feliz Nadal 2011 e que o ano 2012 veña cargado de saúde, éxitos e progreso para todos.
Nos remataremos este ano con unha competición en Pontevedra. O vindeiro Martes 27 acudiremos ao pavillón do Estadio da Xuventude para participar nun torneo organizado polo Club de Pontevedra dentro da festa popular do HQR.
A esta cita acudiremos cos equipos escolar, cadete e junior e servirá para preparar os Campionatos Galegos que comezarán en Xaneiro.

Así mesmo, convidar a tódolos veciños de Compostela que se queiran achegar até o Pavillón de Santa Marta a partires do día 26 e até o 4 de Xaneiro en xornadas de serán, para que participen nas promocións de Loitas Olímpicas que impartirá o noso club dentro do programa municipal Campamento de Nadal 2011.

Saudade e Boas Festas.
Nicolás Castro

0 comentarios:

Publicar un comentario