Últimas novas
Leendo...
mércores, 14 de setembro de 2011

Info Post

Nicolás Castro : O Único Técnico Galego no Mundial de Loitas Olímpicas



O técnico galego, Nicolás Castro, asistirá o Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, que terá lugar na cidade Turca de Istambul, do 14 o 19 de Setembro.


nicolas_castroNicolás Castro, asistirá o Campionato do Mundo para apoiar en primeira persoa os dous loitadores Galegos, que asisten o mundial. Foi invitado pola Federación Española e polo Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, para asistir o evento mais importante do ano, como unha extensión mais da preparación de Jose Cuba. Deste tipo de seguimento, tamén se beneficiará o loitador Vigués Eder Villanueva quen forma o dúo Galego no mundial de Turquía.

A Federación Galega de Loita segue coa súa política de colaboración directa coa Federación Española, tras asistir invitado o técnico Galego, a pasada concentración internacional no mes de Xullo, no CAR de Madrid.

Nicolás Castro tratará de aportar a súa experiencia como deportista e como adestrador para facilitar o traballo dos deportistas durante a competición.
recoñecemento dos técnicos Galegos a nivel internacional está a acadar unha relevancia de primeiro nivel, sendo solicitada a presenza dos mesmos nas actividades mais importantes do equipo nacional.

0 comentarios:

Publicar un comentario