Últimas novas
Leendo...
luns, 23 de xaneiro de 2012

Info Post
Este pasado Sábado 21, celebrouse no Pavillón Universitario de Pontevedra os

Campionatos Galegos das categorías Senior e Cadete de Loitas Olímpicas.

E nel, como xa ven sendo habitual, participou o Club de Loita Stellae de Santiago                de   Compostela,   acadando   ao   final   8   metais   nas   clasificación individuais dos deus deportistas. Resultado que se valora moi positivamente dende o seo do Club, xa que foron até Pontevedra con só once deportistas repartidos en tres pesos da categoría Senior, en dous na de Cadete e un en feminino.
Os deportistas finalistas foron:

·    Iris Lucía Cepeda; 1ª clasificada na categoría Cadete en -60kgs.

·    José Gregorio Vera: 2º clasificado en Libre Olímpica e 2º clasificado en

Grecorromana da categoría Cadete en -69kgs.

·    Simón Aira: 2º clasificado en L.O. na categoría Cadete en -85kgs.

·    Rubén Varela: 3º clasificado en Gr. na categoría Senior en -74kgs.

·    Alejandro Varela: 3º clasificado en Gr. na categoría Senior en -84kgs.

·    David Balsa: 3º clasificado en L.O. na categoría Senior en -96kgs.



Destacar as actuacións de Javier e Juan Carlos Mera, David Fernández, Adrián Fossas e Diego Gandarillas que malia non rematar entre os primeiros postos, competiron a bo nivel gañando a outros deportistas con máis experiencia.
E rematamos coa felicitación a Iris Lucía Cepeda que foi elixida polos técnicos da competición, como a mellor deportista feminina na categoría cadete.




0 comentarios:

Publicar un comentario